Vox Stellae

Páxina Web do Coro Vox Stellae

  • Vox Stellae na igrexa de Barciademera

    Vox Stellae durante a súa gravación do primeiro disco de música da Catedral de Tui para de Deputación de Pontevedra con temas de Benayas.

  • Vox Stellae na Igrexa da Compañía

    Vox Stellae na Igrexa de Universidade de Santiago de Compostela nun concerto, feito en colaboración do Centro Checo, no que se estreará a Misa composta por Antonin Tucapsky e adicada a Compostela.

  • Vox Stellae no Teatro García Barbón

    Vox Stellae, xunto coa Orquetra de Cámara Galega, presentan da man da Sociedade Filarmónica de Vigo un gran programa musical no Teatro García Barbón. I Parte Peter Warlock (1894-1930). Suite Capriol Edward Elgar (1857-1934). Adagio Benjamin Britten (1913-1976). Simple Symphony II Parte Girolamo Ferrari da Mondondone (1599-1664). Deus in adjutorium Antonio Vivaldi (1678-1741). Gloria RV […]

Previous Next
Posted by Administrador On October - 16 - 2015 Comments Off on “Defensor Almae Hispaniae” recibe o premio Melómano de Ouro

O noso disco “Defensor Almae Hispaniae” de recuperación do patrimonio musical da Catedral de Tui recibiu o premio da crítica Melómano de Ouro do mes de outubro de 2015 que concede a revista Melómano. Moitas grazas a este recoñecemento do noso traballo.

Posted by Administrador On July - 3 - 2015 Comments Off on VII Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera

Os vindeiros meses de xullo e agosto actuaremos no Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera da man de dúas das nosas formacións: Capela Finisterrae e Vox Stellae. O 18 de xullo todos os asistentes poderán disfrutar de obras relixiosas instrumentais propias de finais do Renacemento e do Barroco. O 29 de agosto, xunto con Maximino Queizán, Vox Stellae fará un especial programa adicado a Santa […]

Posted by Administrador On June - 11 - 2015 Comments Off on Vox Stellae na Catedral de Santiago de Compostela

No día de mañá, 12 de xuño, Vox Stellae irá á Catedral de Santiago de Compostela para actuar nun breve acto-recepción de peregrinos e participará na inauguración do nova iluminación do templo santiagués.

Posted by Administrador On January - 15 - 2015 Comments Off on Barroco Colonial da man de Vox Stellae

O vindeiro 26 de xaneiro, no Centro Cultural Abanca e da man da Sociedade Filarmónica de Vigo, Vox Stellae interpretará un concerto de Música Colonial, propia dos pobos nativos sudamericanos logo conquista.  

Posted by Administrador On September - 22 - 2014 Comments Off on Presentación do 2º disco

O vindeiro fin de semana comezaremos os concertos de presentación do 2º disco de Vox Stellae “Gaude Maira Virgo”. O primeiro dos concertos será o día 28 de setembro na igrexa de A Franqueira e o segundo deles, xa o 18 do próximo mes, na Parroquia do Carme de Vigo. Poden atopar algunha mostra sonora na nosa páxina de SoundCloud

Posted by Administrador On August - 6 - 2014 Comments Off on Vox Stellae en Vía Stellae. Opinións

A continuación deixamos a ligazón ao artigo de El Correo Gallego onde, da man de Ramón García Balado, se fai unha valoración dos primeiros concertos ofrecidos polo festival Vía Stellae; entre eles o de Vox Stellae.   El Correo Gallego – Opúsculos del IX Vía Stellae .  

Posted by Luís Martínez On August - 5 - 2014 Comments Off on Música do Rito Mozárabe con Vox Organalis en Barcia de Mera

Vox Organalis (a sección masculina de Vox Stellae) presentará, dentro do VI Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera un interesante programa que recolle pezas do Rito Mozárabe e músicas de diversos cancioneiros medievais (Codex Calixtinus, Codex Montpellier, Escola de Notre Dame, Koning Manuscript…). Día: 15 de agosto de 2014 Hora: 20:30

Posted by Administrador On June - 7 - 2014 Comments Off on Vox Stellae en Vía Stellae 2014

Vox Stellae realizará unha misa-concerto en honra a San Francisco de Asís pertencente ao Festival de Música Antiga Vía Stellae. Este concerto celebrarase o día 14 de xullo ás 20:30 na Capela da Orde Terceira de Santiago de Compostela. Podedes consultar o programa e algunha noticia nas seguintes ligazóns: Programa Vía Stellae 2014 Nova El País  

Posted by Administrador On May - 28 - 2014 Comments Off on Preparando o novo disco: “Gaude, María Virgo!”

Aínda non entrou xuño e xa estamos preparando o noso segundo traballo discográfico titulado Gaude, María Virgo! Gravado polo estudio móvil da Radio Galega agardamos que esté preparado en breve para que poidades desfrutar del.

Posted by Administrador On May - 7 - 2014 Comments Off on Barroco americano en Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble realizará o vindeiro 24 de maio na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera un concerto de música de barroco americano pertencente ao IV Ciclo de Música relixiosa desta localidade.