Vox Stellae

Páxina Web do Coro Vox Stellae

  • Vox Stellae na igrexa de Barciademera

    Vox Stellae durante a súa gravación do primeiro disco de música da Catedral de Tui para de Deputación de Pontevedra con temas de Benayas.

  • Vox Stellae na Igrexa da Compañía

    Vox Stellae na Igrexa de Universidade de Santiago de Compostela nun concerto, feito en colaboración do Centro Checo, no que se estreará a Misa composta por Antonin Tucapsky e adicada a Compostela.

  • Vox Stellae no Teatro García Barbón

    Vox Stellae, xunto coa Orquetra de Cámara Galega, presentan da man da Sociedade Filarmónica de Vigo un gran programa musical no Teatro García Barbón. I Parte Peter Warlock (1894-1930). Suite Capriol Edward Elgar (1857-1934). Adagio Benjamin Britten (1913-1976). Simple Symphony II Parte Girolamo Ferrari da Mondondone (1599-1664). Deus in adjutorium Antonio Vivaldi (1678-1741). Gloria RV […]

Previous Next
Posted by Administrador On December - 20 - 2013 Comments Off on Concerto Vox Ornanalis en Rivas de Miño

A sección masculina de Vox Stellae (Vox Organalis) realizou unha serie de pezas antigas no mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Miño o pasado 17 de decembro. A continuación incluímos algunha das críticas recibidas.   Ligazón a La Voz de Galicia 1 Ligazón a La Voz de Galicia 2  

Posted by Administrador On December - 5 - 2013 Comments Off on Primeiras críticas do Defensor Alme Hispanie

Axuntamos as primeiras críticas recibidas polos xornais sobre os nosos concertos de presentación do traballo de recuperación de música antiga da Catedral de Tui “Defensor Alme Hispanie”. Grazas a todos os que pensaron e confiaron en nós para a realización deste traballo.   Ligazón a Faro de Vigo 1 Ligazón a Faro de Vigo 2

Posted by Administrador On November - 9 - 2013 Comments Off on 1º Concerto de presentación do disco Defensor Alme Hispaniae

Este sábado día 9 de novembro, ás 20:15 na Igrexa de María Auxiliadora de Vigo, Vox Stellae realizará o 1º concerto de presentación do novo disco de música da Catedral de Tui chamado: Defensor Alme Hispaniae; con música do mestre Matías García de Benayas. Estades todos invitados ao concerto, onde estarán dispoñibles para a venta tanto os discos como os libros recompilatorios desta música.

Posted by Administrador On October - 16 - 2013 Comments Off on ¡O novo disco de Vox Stellae está a punto!

Xa está practicamente listo o novo disco que Vox Stellae gravou con música propia da Catedral de Tui grazas á Deputación de Pontevedra. Aquí podedes escoitar algúns dos cortes que vos abrirán o apetito de máis música e que tamén atoparedes no perfil de Vox Stellae en SoundCloud:

Posted by Administrador On October - 12 - 2013 Comments Off on Vox Stellae no Mosteiro de Santa Cristina de Rivas de Sil

Vox Stellae realizará un concerto o vindeiro 19 de outubro no Mosteiro de Santa Cristina de Rivas de Sil (Parada de Sil) dentro do programa Concertos de Outono do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Toda a información e as entradas poderán atopalas en http://turismo.ribeirasacra.org.  

Posted by Administrador On August - 12 - 2013 Comments Off on Concerto de Vox Stellae en Barciademera

O vindeiro xoves, 15 de agosto, Vox Stellae (coro e órgano) interpretará obras de compositores dos séculos XIV a XVII co gallo do V Ciclo de Música Relixiosa da Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera. Agardámosvos a todos aló ás 20:30 horas.

Posted by Administrador On June - 12 - 2013 Comments Off on Vox Stellae en O Rodaballo con Botas

Vox Stellae interpretando para centos de nenos de Vigo o seu programa didáctico “O Rodaballo con Botas”. Conto adaptado no que ademais dun momento de lecer importante, faise un percorrido por varios estilos de música distintos.

Posted by Administrador On June - 12 - 2013 Comments Off on Vox Stellae na igrexa de Barciademera

Vox Stellae durante a súa gravación do primeiro disco de música da Catedral de Tui para de Deputación de Pontevedra con temas de Benayas.

Posted by Administrador On June - 12 - 2013 Comments Off on Vox Stellae na Igrexa da Compañía

Vox Stellae na Igrexa de Universidade de Santiago de Compostela nun concerto, feito en colaboración do Centro Checo, no que se estreará a Misa composta por Antonin Tucapsky e adicada a Compostela.

Posted by Administrador On June - 12 - 2013 Comments Off on Vox Stellae no Teatro García Barbón

Vox Stellae, xunto coa Orquetra de Cámara Galega, presentan da man da Sociedade Filarmónica de Vigo un gran programa musical no Teatro García Barbón. I Parte Peter Warlock (1894-1930). Suite Capriol Edward Elgar (1857-1934). Adagio Benjamin Britten (1913-1976). Simple Symphony II Parte Girolamo Ferrari da Mondondone (1599-1664). Deus in adjutorium Antonio Vivaldi (1678-1741). Gloria RV 589