Vox Stellae

Páxina Web do Coro Vox Stellae

Posted by Administrador On August - 28 - 2017 Comments Off on Gran resposta no noso programa sobre María Magdalena

Gran resposta do público no noso programa sobre María Magdalena no Ciclo de Concertos de Música Relixiosa celebrado na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera. Cheo ata a bandeira e grande ovación do público que nos animan a seguir confiando no noso traballo e na cultura musical deste país.   ¡Moitas grazas a todos!

Posted by Administrador On August - 27 - 2017 Comments Off on Ciclo de Concertos de Barcia de Mera

Este agosto, Vox Stelae está incluído na programación do Ciclo Internacional de Música Relixiosa de Barcia de Mera.

Posted by Administrador On July - 23 - 2016 Comments Off on Bastián e Bastiana no ciclo de concertos de Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble ofrecerá este sábado 23 de xullo, a súa versión da ópera “Bastián e Bastiana” de W. A. Mozart; todo dentro do ciclo de concertos que todos os veráns se celebran en Barcia de Mera. ¡Concerto ao que están todos invitados!

Posted by Administrador On July - 3 - 2015 Comments Off on VII Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera

Os vindeiros meses de xullo e agosto actuaremos no Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera da man de dúas das nosas formacións: Capela Finisterrae e Vox Stellae. O 18 de xullo todos os asistentes poderán disfrutar de obras relixiosas instrumentais propias de finais do Renacemento e do Barroco. O 29 de agosto, xunto con Maximino Queizán, Vox Stellae fará un especial programa adicado a Santa […]

Posted by Luís Martínez On August - 5 - 2014 Comments Off on Música do Rito Mozárabe con Vox Organalis en Barcia de Mera

Vox Organalis (a sección masculina de Vox Stellae) presentará, dentro do VI Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera un interesante programa que recolle pezas do Rito Mozárabe e músicas de diversos cancioneiros medievais (Codex Calixtinus, Codex Montpellier, Escola de Notre Dame, Koning Manuscript…). Día: 15 de agosto de 2014 Hora: 20:30

Posted by Administrador On May - 7 - 2014 Comments Off on Barroco americano en Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble realizará o vindeiro 24 de maio na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera un concerto de música de barroco americano pertencente ao IV Ciclo de Música relixiosa desta localidade.