Vox Stellae

Páxina Web do Coro Vox Stellae

Posted by Administrador On November - 6 - 2017 Comments Off on II Forum Camiño de Santiago

O vindeiro 12 de novembro agardámosvos no noso concerto “In festo Sancti Jacobi”, enmarcado no II Forum Camiño de Santiago “Fareway City”, que se celebrará na igrexa das Ánimas ás 20:00. Máis info: Web Oficial do Forum Info da axenda

Posted by Administrador On October - 15 - 2017 Comments Off on Xornadas de Música Contemporánea

O próximo venres, 3 de novembro, agardámosvos no noso novo concerto “Sede de Beleza, enmarcado nas Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela 2017; con pezas de Joam Trillo e Marcos Mato Collazo. Será na Igrexa da Universidade ás 20:30. Info das xornadas e programa

Posted by Administrador On August - 28 - 2017 Comments Off on Gran resposta no noso programa sobre María Magdalena

Gran resposta do público no noso programa sobre María Magdalena no Ciclo de Concertos de Música Relixiosa celebrado na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera. Cheo ata a bandeira e grande ovación do público que nos animan a seguir confiando no noso traballo e na cultura musical deste país.   ¡Moitas grazas a todos!

Posted by Administrador On August - 27 - 2017 Comments Off on Ciclo de Concertos de Barcia de Mera

Este agosto, Vox Stelae está incluído na programación do Ciclo Internacional de Música Relixiosa de Barcia de Mera.

Posted by Administrador On July - 23 - 2016 Comments Off on Bastián e Bastiana no ciclo de concertos de Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble ofrecerá este sábado 23 de xullo, a súa versión da ópera “Bastián e Bastiana” de W. A. Mozart; todo dentro do ciclo de concertos que todos os veráns se celebran en Barcia de Mera. ¡Concerto ao que están todos invitados!

Posted by Administrador On March - 16 - 2016 Comments Off on Vox Stellae e María Magdalena

O vindeiro domingo día 20 de marzo, o coro Vox Stellae inaugurará o ciclo “De lugares e órganos” que pretende facer visible o patrimonio organístico da cidade de Santiago de Compostela. O concerto que se interpretará irá adicado á figura de María Magdalena e terá lugar na igrexa de San Paio de Antealtares ás 20:30 e contará coa participación do prestixioso organista Joaquín Barreira. Noticia […]

Posted by Administrador On July - 3 - 2015 Comments Off on VII Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera

Os vindeiros meses de xullo e agosto actuaremos no Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera da man de dúas das nosas formacións: Capela Finisterrae e Vox Stellae. O 18 de xullo todos os asistentes poderán disfrutar de obras relixiosas instrumentais propias de finais do Renacemento e do Barroco. O 29 de agosto, xunto con Maximino Queizán, Vox Stellae fará un especial programa adicado a Santa […]

Posted by Administrador On September - 22 - 2014 Comments Off on Presentación do 2º disco

O vindeiro fin de semana comezaremos os concertos de presentación do 2º disco de Vox Stellae “Gaude Maira Virgo”. O primeiro dos concertos será o día 28 de setembro na igrexa de A Franqueira e o segundo deles, xa o 18 do próximo mes, na Parroquia do Carme de Vigo. Poden atopar algunha mostra sonora na nosa páxina de SoundCloud

Posted by Administrador On August - 6 - 2014 Comments Off on Vox Stellae en Vía Stellae. Opinións

A continuación deixamos a ligazón ao artigo de El Correo Gallego onde, da man de Ramón García Balado, se fai unha valoración dos primeiros concertos ofrecidos polo festival Vía Stellae; entre eles o de Vox Stellae.   El Correo Gallego – Opúsculos del IX Vía Stellae .  

Posted by Luís Martínez On August - 5 - 2014 Comments Off on Música do Rito Mozárabe con Vox Organalis en Barcia de Mera

Vox Organalis (a sección masculina de Vox Stellae) presentará, dentro do VI Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera un interesante programa que recolle pezas do Rito Mozárabe e músicas de diversos cancioneiros medievais (Codex Calixtinus, Codex Montpellier, Escola de Notre Dame, Koning Manuscript…). Día: 15 de agosto de 2014 Hora: 20:30