Vox Stellae

Páxina Web do Coro Vox Stellae

Posted by Administrador On July - 23 - 2016 Comments Off on Bastián e Bastiana no ciclo de concertos de Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble ofrecerá este sábado 23 de xullo, a súa versión da ópera “Bastián e Bastiana” de W. A. Mozart; todo dentro do ciclo de concertos que todos os veráns se celebran en Barcia de Mera. ¡Concerto ao que están todos invitados!

Posted by Administrador On March - 19 - 2016 Comments Off on Agora Vox Stellae en Spotify

Agora Vox Stellae en Spotify! Xa estamos dentro do universo Spotify! Xa podes seguirnos en Spotify e a partir de agora escoitar todos os nosos discos dende Spotify, Deezer, Amazon e outros portais musicais de xeito totalmente gratuíto.   Ligazón – Vox Stellae en Spotify    

Posted by Administrador On July - 3 - 2015 Comments Off on VII Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera

Os vindeiros meses de xullo e agosto actuaremos no Ciclo de Música Relixiosa de Barciademera da man de dúas das nosas formacións: Capela Finisterrae e Vox Stellae. O 18 de xullo todos os asistentes poderán disfrutar de obras relixiosas instrumentais propias de finais do Renacemento e do Barroco. O 29 de agosto, xunto con Maximino Queizán, Vox Stellae fará un especial programa adicado a Santa […]

Posted by Administrador On September - 22 - 2014 Comments Off on Presentación do 2º disco

O vindeiro fin de semana comezaremos os concertos de presentación do 2º disco de Vox Stellae “Gaude Maira Virgo”. O primeiro dos concertos será o día 28 de setembro na igrexa de A Franqueira e o segundo deles, xa o 18 do próximo mes, na Parroquia do Carme de Vigo. Poden atopar algunha mostra sonora na nosa páxina de SoundCloud

Posted by Luís Martínez On August - 5 - 2014 Comments Off on Música do Rito Mozárabe con Vox Organalis en Barcia de Mera

Vox Organalis (a sección masculina de Vox Stellae) presentará, dentro do VI Ciclo de Música Relixiosa de San Martiño de Barcia de Mera un interesante programa que recolle pezas do Rito Mozárabe e músicas de diversos cancioneiros medievais (Codex Calixtinus, Codex Montpellier, Escola de Notre Dame, Koning Manuscript…). Día: 15 de agosto de 2014 Hora: 20:30

Posted by Administrador On June - 7 - 2014 Comments Off on Vox Stellae en Vía Stellae 2014

Vox Stellae realizará unha misa-concerto en honra a San Francisco de Asís pertencente ao Festival de Música Antiga Vía Stellae. Este concerto celebrarase o día 14 de xullo ás 20:30 na Capela da Orde Terceira de Santiago de Compostela. Podedes consultar o programa e algunha noticia nas seguintes ligazóns: Programa Vía Stellae 2014 Nova El País  

Posted by Administrador On May - 7 - 2014 Comments Off on Barroco americano en Barcia de Mera

O Vox Stellae Ensemble realizará o vindeiro 24 de maio na igrexa de San Martiño de Barcia de Mera un concerto de música de barroco americano pertencente ao IV Ciclo de Música relixiosa desta localidade.

Posted by Administrador On December - 20 - 2013 Comments Off on Concerto Vox Ornanalis en Rivas de Miño

A sección masculina de Vox Stellae (Vox Organalis) realizou unha serie de pezas antigas no mosteiro de Santo Estevo de Ribas do Miño o pasado 17 de decembro. A continuación incluímos algunha das críticas recibidas.   Ligazón a La Voz de Galicia 1 Ligazón a La Voz de Galicia 2  

Posted by Administrador On December - 5 - 2013 Comments Off on Primeiras críticas do Defensor Alme Hispanie

Axuntamos as primeiras críticas recibidas polos xornais sobre os nosos concertos de presentación do traballo de recuperación de música antiga da Catedral de Tui “Defensor Alme Hispanie”. Grazas a todos os que pensaron e confiaron en nós para a realización deste traballo.   Ligazón a Faro de Vigo 1 Ligazón a Faro de Vigo 2

Posted by Administrador On October - 16 - 2013 Comments Off on ¡O novo disco de Vox Stellae está a punto!

Xa está practicamente listo o novo disco que Vox Stellae gravou con música propia da Catedral de Tui grazas á Deputación de Pontevedra. Aquí podedes escoitar algúns dos cortes que vos abrirán o apetito de máis música e que tamén atoparedes no perfil de Vox Stellae en SoundCloud: